[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 9 DE SETEMBRO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Notas de Prensa
Inicio Sección
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

NOTAS DE PRENSA 

A Deputación inspeccionará as taxas que as compañías de telefonía, auga, gas e electricidade pagan ós concellos a modo de tributos

Con esta iniciativa a entidade provincial abre unha nova canle de axuda ós concellos da provincia co obxectivo de paliar a crise financeira pola que están atravesando



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación

29 XULLO 2010


O ORAL, Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, será o encargado de inspeccionar as taxas que lle corresponden ós concellos en relación cos servizos de auga, gas e electricidade; tamén se fará cargo da recadación e inspección da taxa que deben pagar as empresas de telefonía móbil ás casas consistoriais.

En concreto, o Consello Rector do ORAL aceptou a delegación realizada por varios municipios, como Lalín, Porriño, Covelo e a Illa de Arousa, entre outros, para a inspección da taxa do 1,5 % pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou no vo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos.

Doutro lado, aceptou tamén a delegación da recadación e inspección da taxa que deben pagar as empresas de telefonía móbil ó Concello de Sanxenxo.

Estas taxas son tributos que as compañías de telefonía, gas, auga e electricidade deben abonar ós municipios. O seu importe se calcula en función da facturación que as empresas realizan a veciños e residentes. Sendo así, a tarefa do ORAL será comprobar que as empresas están liquidando a cada concello a contía que lle corresponde.

Con esta iniciativa, a Deputación abre, unha vez máis, unha nova canle de colaboración cos concellos da provincia co obxectivo de paliar a delicada situación financeira pola que están atravesando. Se trata dunha acción pioneira en Galicia, que superará as dificultades técnicas derivadas da análise da facturación das empresas subministradoras e da determinación das cotas tributarias axeitadas, que a cotío fan ós concellos desistir de comprobar si as cantidades que perciben son as correctas.



BUSCAR NAS NOVAS
SETEMBRO 2010
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/07/2010 12:31
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/