|
deputación de Pontevedra
PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA
A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dictou a seguinte
RESOLUCIÓN
Estando prevista a convocatoria dos Premios Provinciais
á Cultura-2010, resultando que por Secretaria
e Intervención emiten informes favorables e que
existe consignación na aplicación 10/330.334.481.01
do vixente orzamento provincial por importe de
24.000,00 € e considerando o establecido no art.34.n)
da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime
local RESOLVO, aprobar as bases que rexerán
a citada convocatoria, autorizar o gasto polo importe
citado e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial
da Provincia
“BASES DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA”
Primeira.—
A Deputación de Pontevedra, co obxecto
de seguir apoiando e impulsando todas as
manifestacións culturais da provincia, convoca os
premios “Provinciais á Cultura”. Con estes premios
a Deputación pretende salientar e impulsar o papel
da provincia de Pontevedra no eido da cultura polo
que recoñece o labor que están a desenvolver asociacións,
fundacións, solistas, agrupacións musicais,
concellos, mancomunidades ou agrupacións
municipais, nunha provincia comprometida co seu
patrimonio cultural.
Segunda.—
Os premios “Provinciais á Cultura”
están dotados cunha cuantía total de 24.000,00 €
imputable á aplicación 10/330.334.481.01 do vixente
orzamento.
Terceira.—
Categorías e contía dos premios
- Premio ó proxecto cultural máis innovador//
Premio á iniciativa cultural máis vangardista
levado a cabo por asociacións culturais e fundacións
sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra,
este premio está dotado con 6.000,00 €.
- Premio á traxectoria cultural levado a cabo
por un colectivo cultural da provincia de Pontevedra
ó longo da súa historia e de recoñecido prestixio,
dotado con 6.000,00€.
- Premio César Dios “Diosiño”, en recoñecemento
ó labor levado a cabo por solistas ou agrupacións
musicais da provincia de Pontevedra en defensa
da música máis popular, dotado con
6.000,00€.
- Premio á protección ou recuperación do patrimonio
público arquitectónico, levado a cabo por:
concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais
da provincia de Pontevedra; a obra de recuperación
do patrimonio público ten que estar rematada
antes de finalizar o prazo de presentación de
candidaturas, dotado con 6.000,00€.
Cuarta.—
As candidaturas para optar a estes
premios poderán ser propostas por:
- Presidente da Deputación provincial
- Asociacións ou fundacións da provincia de
Pontevedra
- O mesmo xurado, xa constituído
Quinta.—
A presentación de candidatos/as ós
premios formularase nun escrito ó presidente da
Deputación de Pontevedra, achegando os seguintes
documentos:
- Premio ó proxecto ou iniciativa cultural: acreditación
documental do proxecto ou iniciativa cultural
da asociación ou fundación proposta para optar
ó premio.
- Premio á traxectoria cultural: acreditación documental
da traxectoria cultural do colectivo proposto
para optar ó premio.
- Premio César Dios “Diosiñó”: curriculum vitae
da persoa ou da agrupación que aspira ó premio,
así como a acreditación dos méritos musicais da
persoa ou da agrupación proposta para optar ó premio.
Premio á protección ou recuperación do patrimonio
público: acreditación documental e audiovisual
da protección ou recuperación arquitectónica
levado a cabo polo concello, mancomunidade ou
agrupación de municipios proposto para optar ó
premio.
Os documentos e antecedentes que se consideren
de interese para o mellor coñecemento dos candidatos
propostos para optar ós premios nas diferentes
categorías.
Sexta.—
O prazo de presentación de candidatos/
as realizarase a partir do día seguinte ó da publicación
desta convocatoria no BOP, ata o 11 de
outubro de 2010
Sétima.—
Para adxudicar os premios ós que se
refire esta convocatoria constituirase un xurado
multidisciplinar integrado polos seguintes membros:
- Presidente: o presidente da Deputación ou
deputado no que delegue.
- Vogais: o presidente da comisión informativa
de Cultura
- O presidente da comisión informativa de
Desenvolvemento Industrial, Urbanismo
e Vivenda
- O director da Escola de Canteiros
- Un representante de asociacións ou fundacións
culturais
- Un representante do departamento de
Cultura— Tres persoas de recoñecido prestixio no
eido da cultura e do patrimonio público.
- Secretario: o titular da Deputación ou funcionario
en quen delegue
Oitava.—
Da decisión do xurado e da adxudicación
dos premios, redactarase unha acta detallada,
que será asinada por todos os membros do devandito
xurado. Dándose conta á Xunta de Goberno
desta Deputación de Pontevedra. As decisións do
xurado serán inapelables e queda facultado para
resolver todas as dúbidas de interpretación destas
bases.
Novena.—
A entrega dos premios realizarase no
marco dun acto institucional, na data e lugar que
determine a propia Deputación.
Pontevedra, 13 de xullo de 2010
|