[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 10 DE SETEMBRO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Perfil do contratante
Inicio Sección
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
PERFIL DO CONTRATANTE 

Deputación de Pontevedra

Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2 (Silleda) PID 2009-2011

Anuncio | Calendario | Anexo I. Fórmula
Prego económico | Prego técnico

Anuncio

Anuncio da Deputación de Pontevedra polo que se convoca procedemento aberto para a contratación da obra “Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2, etc., (Silleda)”, (CPV 45230000)

1.— ENTIDADE ADXUDICADORA

  1. Organismo: Deputación de Pontevedra
  2. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio

2.—OBXECTO DO CONTRATO E ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
A execución da obra de referencia, que conta cun orzamento de 285.940,61 €, máis 51.469,31 € correspondentes ó IVE. Prazo de execución: cinco meses.

3.— TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN

  1. Tramitación: ordinaria
  2. Procedemento: aberto

4.— GARANTÍAS
Definitiva do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

5.— CLASIFICACIÓN EMPRESARIAL
Non se precisa

6.— OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

  1. Entidade: Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra
  2. Domicilio: Avda. de Montero Ríos, s/n
  3. Localidade e código postal: Pontevedra 36071
  4. Teléfono: 986 804 101
  5. Telefax: 986 804 126
  6. Páxina web: www.depontevedra.es

7.— PRESENTACIÓN DAS OFERTAS OU DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

  1. O prazo para a presentación de ofertas será de vinte e seis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
  2. Documentación para presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas.
  3. Lugar de presentación:
    • Entidade: Deputación de Pontevedra:
    • Rexistro xeral: Avda. Montero Ríos, s/n.- 36071 Pontevedra (de luns a sábado)
    • Sede de Vigo: rúa Oporto, 36201 Vigo (de luns a venres)
  4. Admisión de variantes:non se admiten variantes

8.— APERTURA DAS OFERTAS

  1. Entidade: Deputación de Pontevedra
  2. Domicilio: Avda. de Montero Ríos, s/n
  3. Localidade: Pontevedra
  4. Data: a apertura do sobre B realizarase en acto público ás dez horas do quinto día hábil seguinte ó do que finalice o prazo sinalado para a presentación de ofertas. A apertura do sobre C realizarase de acordo co establecido na cláusula 10 do prego de cláusulas que rexe no procedemento aberto para a contratación da obra.

9.— CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados co obxecto do contrato:

  • Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B)
    Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:
    • Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos.
    • Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos.
    • Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos.
    • Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos.
    • Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos.
  • Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C)
    Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:
    • Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos.
    • Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos




Os proxectos están a disposición dos interesados na copistería Calco S.L., rúa Marqués de Riestra 7, Pontevedra. Teléfono 986 853 354


Pontevedra, 16 de xullo de 2010
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 22/07/10, número 139, páxina 16, anuncio 2010008055.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/07/2010 10:01
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/