[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 10 DE SETEMBRO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Inicio Sección
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Escola de Canteiros

CONVOCATORIA DE VINTE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ANO 2010

Bases

1.— As bolsas de estudos convocadas están dotadas con 1.000,00 € cada unha e poderán optar a elas os que reúnan calquera destas condicións:

  1. Estar matriculado na Escola de Canteiros.
  2. Residir actualmente na provincia de Pontevedra.

2.— Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, solicitude dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente, no prazo comprendido dende a publicación desta convocatoria no BOP ata o 30 de outubro do presente ano, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudos, tanto os efectuados na propia Escola de Canteiros como en calquera outro Centro de Ensinanza.
  2. Fotocopia da última declaración da Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou empresa na que presten servizos se non fixesen declaración da Renda, que poderá substituírse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración da Renda.
  3. Fotocopia do Libro de Familia para acreditar o número de membros que a compoñen.

3.— Terán prioridade os nacidos na provincia de Pontevedra ou con residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus Municipios, o que se acreditará mediante a certificación correspondente.

4.— Co fin de discernir os méritos dos aspirantes e propor á Corporación os que resulten seleccionados, constituirase un Tribunal integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: O titular da Deputación ou Deputado no que delegue.
  • Vogais:
    O Deputado Presidente da Comisión de Cultura.
    O Director da Escola de Canteiros.
    O Xefe do Servizo de Cultura.
  • Secretario: O titular da Corporación ou funcionario no que delegue.

5.— Rematado o prazo de presentación de solicitudes, reunirase o Tribunal e, á vista dos méritos e medios económicos dos solicitantes, formulará proposta á Corporación dos que consideren acredores das Bolsas de estudos por orde de preferencia.

6.— Unha vez rematado cada curso, os bolseiros presentarán na Sección de Cultura da Deputación, certificación académica das cualificacións obtidas.

7.— As Bolsas de estudos concederánselle a aqueles que teñan aprobado o curso completo entre xuño e setembro.

8.— A interpretación e aplicación das presentes Bases queda reservada ó Tribunal, quen resolverá igualmente aqueles extremos non previstos nas mesmas.

Pontevedra, 15 de xuño de 2010
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 12/07/10, número 131, páxina 17, anuncio 2010007630.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/07/2010 13:02
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/